Recomendacións de uso

Se acabas de comezar a utilizar esta moeda debes ter en conta algunhas cuestións importantes para non verte en problemas nun futuro por falta de planificación.

Como comprenderás a nosa moeda non é tan sinxelo utilizala coma os euros polo que debes ter en conta a túa capacidade para aforrar en Sabias antes de comezar a aceptar a moeda en grandes cantidades. O proxecto está ben pensado pero podería fallar. No momento en que a xente deixe de usar a moeda esta perde o seu valor co cal canta máis moeda aforres máis compartes o risco co proxecto. Se non tes inconveniente e podes acumular Sabias sen problema entón non tes por que preocuparte pero asegurate de non acumular máis cantidade da que estás disposta a arriscarte a perder (en caso de que o proxecto fracase).

Moitas de nos precisamos os euros para facer fronte a gastos inmediatos polo que a nosa capacidade de acceptar Sabias pode estar limitada pola nosa necesidade de ingresar euros. Outras non teremos tanta necesidade de euros e poderemos permitirnos ingresar menos euros e sustituilos por Sabias no seu lugar. Por todo o anterior é preciso que nada máis comezar botes un vistazo a ver que se oferta na moeda e faite unha idea das posibilidades que tes de gastar a moeda. Podes confiar que nun futuro aumenten pero o que é seguro que acepta a moeda é o que ves no mercado online que podes consultar dende a aplicación de ordenador na que estás agora mesmo, ou na aplicación de móbil.

Unha vez que saibas as posibilidades reais de uso da moeda podes plantexarte canta estás disposta a aceptar, se cadra un límite máximo de Sabias que estás disposta a acumular ata atopar en que gastalas. Desta maneira agora podes comezar a ofertar os teus servizos ou productos e comezar a observar a demanda que teñen para así axustar ben o prezo e asegurarte de que non tes excesiva demanda e acumulas demasiadas Sabias. Súbelles o prezo ao principio e vaino baixando se ves que non hai demanda. Cantas máis cousas ofrezas máis fácil é atopar clientes e así comezar a coñecer ás outras participantes desta moeda. Elas poderán axudarte tamén a ir comprendendo a moeda e o funcionamento da comunidade, e aconsellarte para o teu ben persoal. É co uso cotiá como se vai tendo unha idea do valor da moeda que permita establecer prezos axeitados pero como referencia unha Sabia (Sb) equivale a un euro (€).

Pode ser útil publicar no teu perfil a cantidade máxima que te comprometes a acumular, a partir da cal xa non aceptas pago en Sabias.

Utiliza a moeda de forma creativa, se cadra regalandolla aos teus clientes habituais como maneira de fidelizalos. Intenta falar cos teus proveedores e comparte con eles as vantaxes de utilizar a nosa propia moeda para así ir pechando círculos que che permitan prescindir cada vez máis dos euros hasta donde se poida. E o máis importante, pásate pola asamblea mensual para participar na toma de decisión sobre como asignar a nova moeda recen creada. Pon en valor a túa contribución ao proxecto e se cadra ti podes ser quen reciba unha axuda económica en Sabias para impulsar o teu negocio a través do consumo local.

Fai un uso responsable e recorda que por moi bó deseño que teña a nosa moeda o mellor que se pode facer é un consumo consciente na medida das nosas posibilidades. Boa sorte e moita imaxinación á hora de ofertar bens ou servizos.